Arias mantén unha reunión coa directiva do CPI Virxe do Monte en Cospeito polos casos de amigdalite

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo este mediodía unha xuntanza co equipo directivo do Centro Público Integrado (CPI) Virxe do Monte, de Cospeito, para valorar a evolución dos casos de amigdalite detectados entre o alumnado do centro.

A delegada territorial, Raquel Arias, explicou hoxe que todo indica que xa pasou o pico de contaxio por amigdalite no Colexio Virxe do Carme e é previsible que paulatinamente vaian reincorporándose os alumnos ás aulas. Así se puxo de manifesto na reunión de coordinación mantida a mediodía no propio centro e presidida pola delegada territorial, que serviu para actualizar os datos sobre o número de afectados e avaliar a situación.

A Consellería de Sanidade informou de que hoxe rexistrouse tamén un elevado número de consultas en Pediatría, 60 en total, pero só se diagnosticaron 16 casos desta enfermidade. A amigdalite é unha afección leve producida por un estreptococo, é de orixe bacteriano e os nenos e nenas afectados están respondendo ben ao tratamento con antibióticos.

Con respecto á evolución dos contaxios, Sanidade explicou que o centro de saúde diagnosticou os primeiros casos illados o día 27 de setembro, pero non foi ata a concentración producida na mañá do luns, trala fin de semana, cando se comunicou a situación pola súa singularidade; nesa xornada acudiron a Pediatría 67 alumnos e 65 deles deron positivo ao estreptococo.

Os alumnos van regresando paulatinamente ás aulas, aínda que hoxe todavía faltou algo máis da metade do alumnado. Así, onte acudieron a clase 98 alumnos e hoxe foron xa 109 do total de 233 que suman nas distintas etapas educativas.

Cabe apuntar que, ademais, o servizo de Pediatría diagnosticou dous casos de escarlatina entre alumnos do centro. A escarlatina é tamén unha afección que non reviste gravidade e esixe o mesmo tratamento antibiótico que a amigdalite.

O colexio seguirá extremando as medidas de hixiene, tal e como se fixo dende o primeiro momento en que se tivo coñecemento do problema, para reducir as posibilidades de contaxio. Entre outras actuacións, procuráronse vasos para todos os nenos e nenas para evitar que compartan botellas, beban dos grifos ou adopten calquera outra conduta de risco .A Consellería de Sanidade explicou que a amigdalite está producida por un estreptococo, é de orixe bacteriano e os nenos e nenas afectados están respondendo ben ao tratamento con antibióticos.

A amigdalite é unha enfermidade común e frecuente, cuxo contaxio non é de declaración obrigatoria. Non obstante, este episodio resultou excepcional pola concentración de casos en tan curto período de tempo. De aí que se comunicara a Sanidade e que esta aconsellara, e o centro dispuxera, as medidas hixiénicas necesarias para evitar máis contaxios, como facilitar a cada escolar un vaso propio para beber.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com