‘Arima’, de Jaione Camborda chega ás salas este venres

Arima, que obtivo o Premio á Mellor Dirección na Sección ‘As Novas Ondas’ da 16 edición do Festival de Cinema Europeo de Sevilla e o Premio Escáner na 9 edición do Festival Marxes, estrearase en Cineteca Madrid en Matadoiro Madrid, o próximo 7 de febreiro. Ademais, nesa mesma data estrearase tamén en cinemas seleccionados, entre eles os Codex de Lugo, ademáis en Barcelona, San Sebastián, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol. A película de Jaione Camborda vén engrosar o fértil panorama do cinema galego, que triunfa en festivais internacionais.

As actrices Melania Cruz (A esmorga, Sicixia, Dhogs) e a nena debutante Nagore Arias lideran unha suxestiva repartición composta polos intérpretes Rosa Puga Dávila (Sesión, Fariña), Tito Asorey (A Esmorga, Fariña), Iria Parada (Bos propósitos, Juana de Vega) e Mabel Rivera (Inevitable, Lobos de Arga, Mar dentro). No seu equipo técnico destaca o responsable do montaxe Marcos Florez, que editou títulos como O último verán e o director de fotografía Alberte Branco, responsable de films como A estación violenta, Os fenómenos ou As altas presións.

Segundo Jaione Camborda, Arima é un estado de vixilia no que os recordos, os desexos e as pantasmas parecen ter o mesmo rostro. Rodada en formato 16 mm como aposta persoal da directora, Arima é unha produción de Esnatu Zinema, que contou coa participación de Televisión de Galicia, Agadic e Deputación de Lugo. The Open Reel xestiona as vendas internacionais da película.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com