Arranca a programación da X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova

Hoxe, xoves día 8, ás catro da tarde arranca a programación de actividades da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que se celebra por décima edición, e que conta coa colaboración da Deputación a través dunha achega económica de 4.000 euros; así como da TIC, que se encargará de documentar esta cita xa consolidada no panorama galego.

Esta feira, que ten grande repercusión internacional, terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro e reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios. Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.

Programación

A entrada a X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova é gratuíta. A apertura será na Praza dos Fornos, o xoves 8 de decembro, ás 16:00 horas. O venres, sábado e o domingo, o horario será de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas, agás o domingo que o peche do evento será ás 20:00 horas.

Na praza dos Fornos situarase unha carpa, que prestou o Concello de Pol, na que se ubicarán todos os profesionais participantes. Son 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional e internacional como, por exemplo, Francia, Portugal, así como de moitos puntos de España como Huesca, Lérida ou Madrid. Tamén se contará dun bo número de representantes da zona norte da provincia.

Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Para elo, está confirmada a participación de 6 artesáns: Cecilia Carballo Castrillón, tear; José Mª Rodil Arruñada, madeira e forxa, Aurora Rodil, encaixe de bolillos; Michelle Pío Dasilva, tea e ganchillo, Jesús Iglesias, torno e Luisa Martínez Vázquez, de cestería en mimbre.

Restaurantes da vila súmanse a esta iniciativa, ofrecendo menús especiais a 15 euros. Trátanse dos establecementos San Briz, O Lar de Balbina, A Mina e a Pulpería Esther de Monterroso.

Ruta en moto antiga

Outras das novidades é a celebración da primeira ruta en moto antiga pola vila, que terá lugar o sábado 10 de decembro. Participarán uns 10 pilotos, que manterán expostas as súas motos na praza da vila.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com