Arranque de tempada exitoso para as mozas do Emevé

As mozas de Jose Valle, plantaron cara a un equipo consolidado na élite durante varios anos. O resultado do partido que se xogou hoxe en Las Palmas de Gran Canaria saldouse cun 3-0 para o equipo local, pero con axustados parciais nos sets. (25 – 21 / 26-24 / 25 – 20).

Empezaron nerviosas o primeiro set, entrando no tempo morto cun 11-5 a favor das insulares. Tras o tempo técnico as lucenses souberon remontar ata posicionarse a tres puntos do rival. Foi o momento no que a receptora Lucía Prol destacou durante o encontro para levar ás súas compañeiras para loitar polo set. Finalmente escapóuselles.

O segundo set foi máis igualado desde o principio, mantenido os nervios iniciais pero sabendo que podía ter oportunidades para gañar o encontro. Os grandes Bloqueos de Natalia Aispurúa (5 totais no encontro) fixeron manter ao equipo estable. Finalmente cun punto de set desperdiciado, as insulares souberon levar o set de novo con experiencia por un axustado 26-24.

O último e definitivo set, foi o máis irregular por parte das lucenses, onde o cansazo entrou en xogo e a inseguridade entraba en xogo. Laura Villasante foi a mellor deste último set, achegando puntos extra para ao final conseguir un 25-20 no marcador.

Laura Villasante segunda mellor anotadora do encontro (con 9 puntos) Natalia Aispurúa (11 puntos) e Lucía Prol (7 puntos) foron as máximas anotadoras do equipo.

Bo comezo para as Mozas Iberdrola de Lugo, que para a semana xogan en casa debutando diante da súa afección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com