A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou este sábado a Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que estará na cidade de Lugo do 2 ao 17 de xullo no fondo da Praza Maior. A feira, que está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do Concello, permanecerá aberta de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.