Arrinca o San Froilán 2016

Arrincan oficialmente as festas do San Froilán. Xa está todo preparado para que a cidade de Lugo reciba ás preto de 600.000 persoas que estima o Concello que visitarán a capital lucense nos próximos días. Esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, facía un convite a todas as persoas a acudiren a gozar dos festexos. Segundo Méndez, “o espectáculo está garantido”, xa que o programa conta con máis de 200 actividades e actos encamiñados a todo tipo de gustos.

Segundo as estimacións do Goberno local, o retorno económico das festas pode superar os 11 millóns de euros ademais da proxección que supón para Lugo e que provoca un aumento de visitantes non só durante os días do San Froilán senón durante todo ano.

Este ano como novidade, a rexedora anunciou que se realizará unha emisión en directo nunha canle de Portugal co fin de “abrir fronteiras” a nivel internacional e para proxectar Lugo ao exterior de cara a que o San Froilán sexa declarada festa de interese turístico internacional. “Saben que un dos obxectivos é que sexa declarado festa de interese turístico internacional, o feito de conectar cunha emisora dun país abre unha porta de proxección na nosa cidade cara o exterior”, resumiu Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com