O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e da edil, Maite Ferreiro, así como de outros membros da candidatura, apostou hoxe por converter a Casa da Muller no “filtro lila da xestión municipal” en Lugo.
Así o afirmou Arroxo, quen asegurou que, cun goberno do BNG, a visión en igualdade será transversal a todas as áreas de goberno e sinalou que o concello xa conta coas ferramentas necesarias, como é a Casa da Muller, pero “falta o impulso político necesario” para facer que Lugo funcione, tamén neste ámbito.
Arroxo destacou, asemade, que “se alguen poder presentar iniciativas neste senso vai ser un goberno do BNG e, por iso, é polo que imos seguir traballando nestes días de campaña porque cremos que, na situación actual, podemos aspirar á alcaldía”.
Pola súa banda, a voceira nacional do partido resaltou o empuxe e a preparación de Rubén Arroxo á hora de ser alcalde e asegurou que o BNG ten un “proxecto sólido e un equipo co que gobernar”. Asemade, Pontón quixo destacar o potencial e a capacidade que ten Lugo pero que está “paralizada” polo que se precisa dun proxecto que aposte por “poñer no centro ás persoas, por un novo modelo de cidade e polo comercio local”.
Mai 15, 2019 - 10:27 PM
Xa de todas?