Arroxo: “É o momento de actualizar as ordenanzas deste concello”

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, solicitou esta mesma mañá que se convoque, de xeito “inmediato”, a todos os grupos da corporación na Mesa de Ordenanzas. Unha vez retirado o borrador da coñecida como Ordenanza Mordaza, para o BNG, “é o momento de actualizar as ordenanzas deste concello”. Arroxo dixo que “hai que avanzar, traballar, e acadar consenso para mellorar as ordenanzas que xa existen, buscando que sexan útiles para as veciñas e veciños”.

“Unha vez que o goberno municipal entra en razón e da marcha atrás na imposición da Ordenanza Mordaza, imos a traballar en positivo e solicitar que se xunte a Mesa de Ordenanzas para sacar adiante as modificacións e actualizacións necesarias nas Ordenanzas Municipais existentes” explicou o nacionalista que se referiu á necesidade de actualizar a Ordenanza de Tenza de Animais, para axeitala á lexislación actual.

Rubén Arroxo sinalou a necesidade de introducir modificación, por exemplo, na Ordenanza Municipal de Medio Ambiente “para mellorar a limpeza e a imaxe da cidade por que son moitas as veciñas e veciños que se queixan da suciedade nas beirarrúas e de predios abandonados nos que non se fan os desbroces correspondentes”. Ademais, para o BNG, tamén compre revisar e sacar adiante a Ordenanza de  Contaminación Acústica, para mellorar a convivencia. Outra das Ordenanzas que non chegou a sair adiante e que “debe estar nalgún caixón da alcaldía” é a de Publicidade.

Arroxo dixo que tamén é necesario aplicar medidas para protexer o patrimonio. E referiuse a acontecido durante as festas coa fonte de San Vicente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com