Arroxo e Vence utilizaron a bici para defender un Lugo máis sustentable

O candidato de BNG-Asembleas Abertas en Lugo, Rubén Arroxo e o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence encabezaron hoxe un pelotón ciclista polo tramo peonil da Ronda da Muralla para defender un Lugo máis sustentable, cun urbanismo máis pensado para as persoas e menos para os vehículos.

A formación nacionalista pretende visualizar así a súa aposta por un modelo de cidade máis amable para os peóns, onde o primeiro sexan as persoas e, para facilitar a mobilidade, se aposte por alternativas ao coche particular como as propias  bicicletas, -en particular no entorno da Muralla-,  e polo transporte público.

Como medida concreta, o candidato nacionalista propón no programa implantar máis zonas que limiten a velocidade a 30. “Preténdese así un Lugo no que os coches respecten máis ás persoas, evitando ademais o elevado número de atropelos que nos últimos meses se ten producido na cidade”, argumentou.

Outro Lugo é posible

Para dar “exemplo”, Arroxo indicou ademais que a candidatura que encabeza, fará a meirande parte da campaña utilizando transportes alternativos ao coche particular, utilizando o transporte público ou a pe, exemplificando así “que outro Lugo é posible”.

Xavier Vence:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com