Arroxo: “No primeiro ano de mandato, faremos a primeira zona de baño pública”

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que, se resulta alcalde, “no primeiro ano de goberno , teremos feita a primeira zona de baño no río”. O nacionalista sinalou que “despois de 10 anos de desinterese por parte dos gobernos municipais, o goberno do BNG levará adiante a creación de cinco zonas de baño dentro do entorno do río”.

Arroxo lembrou que “dende o 2009, cando por proposta do BNG se conseguiu por primeira vez a aprobación desta proposta, levamos insistindo en que se execute a tan ansiada zona de baño”, e engadiu “é incrible que a maioría dos concellos do entorno, malia seren moito máis pequenos, teñan zonas de baño fluviais e Lugo non fose capaz en todo este tempo de ter nin un acceso seguro ao río”.

Dende a formación nacionalis ta indicaron que xa no ano pasado o goberno do PSOE descartou a posibilidade de que Lugo contase cunha zona de baño no río neste mandato, convertendo o debate nunha longa lista de explicacións sobre informes e contra-informes entre as diferentes institucións. Segundo Arroxo, “cada vez que este tema saíu  á palestra, apareceu un ping-pong político entre PP e PSOE polos desencontros das institucións nas que gobernan”, e engadiu: “ata que non goberne o BNG, Lugo non contará cunha zona pública de baño”.

O candidato á alcaldía, Rubén Arroxo indicou que “aproveitaremos as infraestruturas de embarque do catamarán da Deputación, situadas na zona dos Robles, para que as persoas que queiran poidan utilizalas para acceder ao río”. Arroxo sinalou que “a actuación sería moi simple, non suporía un grande custo e daría servizo como zona de baño”, e explicou que “sinalizaremos a zona de destinaremos parte do persoal de salvamento que se contrata durante o verán para que se faga vixilancia específica nesta zona”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 13, 2019 - 09:00 PM

    Hay que reconocerlo , sois la única formación con representación en el concello que si puede , sí hará esa playa , al PP nunca le interesó , pues no la ve rentable electoralmente , al Psoe , tampoco , le interesa más dar subvenciones para la playa privada de Club Fluvial .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com