Arroxo pedirá que se abran vestiarios e duchas para as convocatorias do Corre con Nós

O BNG-AA presentará un rogo no Concello de Lugo para que se manteña “como se viña facendo ata agora” a apertura dalgunha instalación deportiva para que os participantes nas probas do Corre con Nós podan cambiarse e ducharse. Segundo explica o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo, na proba celebrada o pasado sábado, 20 de xaneiro, foron moitas as persoas que participaron e tiveron que marchar de Lugo por non ter lugar axeitado para ducharse e cambiarse. Rubén Arroxo lembrou que “en todas as carreiras do Corre con Nós e en todas probas as probas que se celebran nas distintas vilas e cidades sempre se pon algunha instalación deportiva á disposición das persoas participantes e non entendemos que pasou en Lugo o pasado sábado para que esto non fose así”.

Para o BNG, “é necesario poñer os medios para promover que as persoas que se desprazan ata Lugo para participar no Corre con Nós poidan pasar a xornada na cidade”. Unha grande porcentaxe de participantes no Corre con Nós chegan a Lugo dende diferentes puntos e “hai que facilitar as cousas para que poidan quedar a comer, cear e achegarse á hostalería lucense nos días en que hai competición”. Arroxo explicou que “se non hai instalacións para poder ducharse e cambiarse a xente retorna ao seu punto de orixe inmediatamente despois da proba cun mal sabor de boca e cunha pésima imaxe sobre a organización e a cidade”.

De cara ás eleccións 2019

Doutra banda, o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo asegurou esta mañá que o escenario que se presentará a partir do vindeiro 28 de xaneiro, no que se aprobaránn os orzamentos municipais, será igual que ata o de agora: “unha cidade que seguirá paralizada”. O nacionalista asegurou que agora empeza a carreira polas eleccións municipais de 2019 e é o turno dos lucenses quen terán que “decidir que queren para Lugo”.

As opcións para Arroxo están claras: “ou elixen un cambio ou elixen a parálise que mantén o PSOE, ou o castigo a Lugo que mantén o Partido Popular dende a Xunta“. En canto a moción de censura, o voceiro nacionalista asegurou que os números, son os que son e o certo é que, para el, “esta posibilidade xa levaba semanas pechada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com