O Grupo Municipal do BNG presentou, ante os medios de comunicación, as competencias de goberno que asumirán os ediles electos do BNG dentro do Goberno municipal de Lugo. Os cinco concelleiros nacionalistas asumirán tres das sete tenencias de alcaldía e terán presenza, neste número, na Xunta de Goberno Local.
En canto ás competencias por edil, o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo, dirixirá a área de Vicealcaldía e Mobilidade, na que Alexandre Penas, número tres da candidatura, será o delegado de Infraestruturas. Pola súa banda, Maite Ferreiro, asumirá a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua; Cristina López a de Participación e Servizos para a Veciñanza, e Felipe Rivas dirixirá Educación e Difusión do Coñecemento.
Dende a formación apostan por renomear algunha destas áreas “para adaptar os nomes aos obxectivos de goberno” que teñen para esta lexislatura. Na rolda de prensa, Rubén Arroxo explicou, a grandes rasgos, en que consisten as competencias de cada área de traballo. Así, na área que dirixirán entre Arroxo e Penas, se inclúen todas as actuacións no relativo a proxectos e obras en vías públicas urbanas, iluminación e redes de auga potable, ordenación do tráfico e o mantemento e limpeza de infraestruturas e bens municipais.
Na área de Participación, ademáis dos Orzamentos Participativos, Cristina López terá que dirixir a defensa dos consumidores, a saúde, a sanidade e a salubridade públicas, o transporte público, o padrón municipal, o cemiterio e todo o relativo ao Mercado e a Praza de Abastos. En canto ás competencias de Cultura, Maite Ferreiro encargaráse do Lugo Cultural, dos equipamentos e as instalacións que teñan relación con este eido, as festas (excepto Arde Lucus e Caudal Fest, competencia do PSOE), bibliotecas, Museos e Salas de Exposicións, turismo e promoción da cidade, Escola de Música Municipal e Banda, a Casa da Música e a Casa das Linguas. Por último, Felipe Rivas faráse cargo da Educación e dos centros de ensino municipais, así como das garderías infantís e o parque infantil de tráfico.
Na rolda de prensa compareceron as cinco persoas que acadaron acta de concelleiro como froito dos resultados das pasadas eleccións municipais. Rubén Arroxo destacou que “o deseño para o goberno destas áreas ten como obxectivo o traballo con interconexión” e sinalou que “se trata dun proxecto conxunto co partido socialista, pero no que as área”. Arroxo avanzou que dende as áreas do BNG se vai traballar “para facer un cogoberno o máis eficiente posible no que a prioridade sexa resolver os problemas da cidade e das veciñas e veciños”.
Arroxo sinalou que a “interconexión entre as áreas nas que terá resposabilidade e goberno o BNG será fundamental para avanzar nun modelo sostible das penalizacións, nun cambio de concepto na mobilidade, proxecto real para esta cidade”.
Xuñ 18, 2019 - 10:20 PM
Mucha suerte. Creo que lo harán muy bien.
Xuñ 18, 2019 - 10:09 PM
Deixadeos traballar , tempo o tempo , pero o loro cas duas patas do trifachito que pululan polo concello , estos non tardarán en armala con tal de sacar tallada .