As 25 vivendas da urbanización Bellavista contarán este mes coa 1ª rede pública de abastecemento

As 25 vivendas da urbanización Bellavista contarán este mes coa primeira rede pública de abastecemento que instala o goberno, tras acometer diversas tarefas o Concello para dotar á zona desta rede pública. Os traballos, valorados en 134.500 euros e que supervisou a Alcaldesa de Lugo xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas consistiron en ampliar a rede de abastecemento municipal próxima á zona a esta urbanización para darlle servizo á contorna.

As novas tubarías conectan nun único punto coa rede municipal existente, configurándose basicamente como unha rede ramificada, dada a distribución das vivendas. Para evitar sedimentacións dentro da rede e acumulacións, inclúese nos finais dos ramais bocas de riego ou de incendio, co obxecto de facilitar facer limpezas frecuentes e eliminar as posibles sedimentacións. Ademais, instaláronse válvulas de comporta en distintos puntos de rede de distribución, que permiten o seu peche por tramos ante situacións anómalas.

Previsiblemente, nos vindeiros días procederase á conexión da rede, e unha vez feita, dado o estado no que se atopaba o pavimento, acometerase a repavimentación da calzada e a sinalización vial. As tarefas tamén inclúen a reposición de beirarrúas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com