As asociacións de veciños da Milagrosa solicitan para o barrio a declaración de Ámbito de Rehabilitación e Rexeneración Urbana

O Concello de Lugo respalda a solicitude veciñal de Ámbito de Rehabilitación e Rexeneración Urbana para o barrio da Milagrosa.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, expresou o total apoio do Concello á solicitude de declaración do Ámbito de Rehabilitación e Rexeneración Urbana para o barrio da Milagrosa, que presentaron o venres as asociacións de veciños en colaboración co equipo de arquitectos GAU.

Con esta iniciativa, trátase de obter axudas económicas das administracións públicas para a rehabilitación e rexeneración urbana “dun barrio singular da nosa cidade, que mantén unha identidade clara a pesar de que acolle moitas persoas de distinta procedencia e con distinto nivel económico”, como destacou o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Pola súa parte, o presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez, indicou que a aprobación do ARRU “ é clave a rexeneración deste contorno, que foi o corazón da Milagrosa e que se está degradando, con vivendas infrautilizadas ou abandonadas e carentes de servizos”. Tamén lamentou o escaso prazo de tempo dado pola Xunta para a tramitación da solicitude e indicou que dada a súa complexidade sería preciso un prazo máis ámplo.

Valentín Arias, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa, manifestou que “sería unha lástima deixar pasar esta ocasión por un problema de prazos e, como é o noso deber, queremos coller este tren que nos parece moi útil para mellorar o barrio”. Explicou tamén que hai interese dos veciños en coñecer as posibilidades para acollerse as axudas que permitirán mellorar as condicións dos edificios en aspectos como o acondicionamento das fachadas ou a instalación de ascensores.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com