Moitos galegas e galegas levaron unha desagradable sorpresa ao descubrir o cobro das comisións de mantemento que recentemente aplicou ABANCA nas súas contas bancarias. Na maior parte dos casos o cobro chegaba aos 50 euros, 42€ de gastos de mantemento e 8€ de administración. O clamor nas redes sociais foi unánime e na sede da Unión de Consumidores de Galicia non cesaron as chamadas durante a última semana para asesorarse ao respecto.
Nos últimos anos estamos asistindo a unha estratexia xeneralizada de aumento de comisións nas grandes entidades financeiras. As persoas consumidoras cada vez pagan máis por menos servizos xa que moitos dos usos e procedementos os xestionan os propios usuarios/as a través da banca electrónica, xa sexa na web ou na aplicación móbil.
Esta política de cobro de comisións instaurada nos grandes grupos bancarios parece máis ben unha penalización aos usuarios para os cales, accións tan comúns como o uso do caixeiro automático ou as transferencias son gravadas cunha comisión, endurecéronse de forma significativa os trámites mentres outras prestacións, como asistencia presencial, diminuíron significativamente.
No caso de ABANCA, as condicións son inasumibles para gran parte da cidadanía, resultándolles imposible acceder a contas gratuítas. E, agora mesmo, no contexto da crise da Covid-19 será aínda máis complexo para estes usuarios e usuarias cumprir esas condicións.
Abanca avisou coa antelación requirida a reformulación do programa Cero Comisiones no cal, os maiores de 29 anos, deben aumentar o seu grao de vinculación senón queren ter que facer fronte a unhas comisións que, anualmente, chegan aos 100 euros. Entre os requisitos para non ter que facer fronte a comisións está o domiciliar unha nómina ou pensión de polo menos 600 euros, tamén manter un saldo medio mensual de 500 euros en produtos de aforro. A maiores, a persoa usuaria debera cumprir un destes requisitos:
. Facer compras de polo menos 2000 euros ao ano usando a tarxeta de crédito
. Manter un mínimo de 30.000 euros en produtos de inversión Abanca
. Contratar dous seguros ou manter polo menos 8000 euros en produtos de aforro como fondos de inversión, valores, plans de pensións…
Só cumprindo estes requisitos un usuario poderá acceder a unha conta pola que non pagará comisións de mantemento nin comisións de administración, así como tampouco pagará polas retiradas de efectivo, pola tarxeta de débito ou outros servizos. Pero se es un dos miles de galegas e galegos que non cumpre coas esixencias deberás desembolsar 100 euros ao ano en comisións pola túa conta corrente ou de aforro.
Entre as moitas queixas derivadas desta política de cobro de comisións da entidade bancaria, UCGAL destaca a problemática á que se enfrontan os/as veciños/as das zonas rurais de Galicia que non teñen acceso a unha sucursal e que deben desprazarse a outra localidade, se é que está na súa man facelo, para calquera xestión. Ademais, moitas persoas maiores non poden xestionar a súa conta a través da web ou da app ao non ter coñecementos dixitais; e non contemplan cambiarse a bancos con opcións reais de contas sen comisións xa que non poden realizar as súas xestións de forma telemática. Son reféns de entidades como Abanca.
Xuñ 30, 2020 - 10:29 PM
Bueno ahora son 5o pero antes eran 35 y no se montó este lio. Por supuesto esto es solo para rentas bajas
Xuñ 30, 2020 - 06:55 PM
Son el colmo!!! Abusivos!!!! Sinverguenzas!!!! Ingresar el dinero justo para autónomos y régimen general y cobrar el recargo por no haber usado la tarjeta en el mes de abril!!! Jamás seré de abanca!!!