As delegadas da CIG saen a protestar á rúa no marco da campaña do 25N

Delegadas da CIG manifestáronse este mércores en Lugo no marco da campaña do 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que este ano a central sindical desenvolve baixo o lema “Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade”.

Esta mobilización, que foi precedida dun encontro nacional de formación e debate, constitúe tamén unha mostra de apoio e solidariedade das mulleres da CIG ás traballadoras do sector da limpeza, que levan 38 días en folga para reclamar un convenio digno.

Este ano a CIG quixo centrar a súa campaña na relación entre violencia e desigualdade e denunciar o papel das institucións que “fan paripés” en datas sinaladas do feminismo mentres “as condicións materiais se manteñen”.

A secretaria confederal de Mulleres da CIG apelou ás administracións para que “non só saian o día 25 a facer declaracións rimbombantes, senón que poñan en marcha todas as medidas necesarias para facer efectiva e real a igualdade entre homes e mulleres”. Neste sentido valorou que a situación de precariedade que viven as traballadoras de sectores feminizados, como a limpeza ou os coidados, son un exemplo de discriminación por razón de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com