As deputacións de Lugo e Ourense, xunto aos concellos de Monforte de Lemos e Castro Caldelas reuníronse hoxe nunha xuntanza de traballo entre as administracións para, xuntas, impulsar a Ribeira Sacra.
Entre todos, e por medio de proxectos turísticos e inciativas culturais neste punto de unión entre ríos, traballarán para pular pola promoción do patrimonio natural e histórico que une as dúas provincias galegas.