A Fundación CEL – iniciativas por Lugo acolleu durante a mañá de hoxe un taller informativo de carácter práctico e técnico organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) sobre o Programa Principia 2018, de axudas para a contratación de persoal especializado para o desenvolvemento de actividades de I+D+i.
Unha ducia de representantes de empresas e centros de coñecemento de Lugo achegáronse a este encontro, que buscaba resolver dúbidas sobre as características e tramitación da actual convocatoria (a terceira xa) destas axudas e recoller suxestións de mellora para próximas edicións.
Para iso, contouse coas achegas de Teresa Bernal, xefa do Departamento de Servizos e Observatorio da Innovación da axencia ( GAIN), e con persoal técnico tamén da área de Servizos de GAIN.
O taller finalizou cun café- networking para facilitar a relación entre empresas e licenciados en procura de traballo asistentes á actividade, e propiciar que algún poida ser contratado polas empresas interesadas. O programa Principia 2018 está dotado con 1.100.000 euros que poderán destinarse á contratación de 110 persoas en empresas e centros tecnolóxicos galegos, e que ten un dobre obxectivo: estimular a entrada no mercado laboral de persoal cualificado e favorecer o desenvolvemento de actividades de innovación entre o tecido empresarial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 21 de xuño; GAIN conta que este procedemento estea resolto xa a principios de agosto para que o persoal poida incorporarse ás entidades beneficiarias