Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema Mulleres na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) coa proxección, mañá martes 10 de abril, a partir das 20.00 h, do filme As inocentes. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade. Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Anne Fontaine dirixiu no 2016 As inocentes, película que retrata a situación que se atopou a médica Mathilde Beaulieu ao chegar á fronteira entre Alemaña e Polonia tras terminar a II Guerra Mundial. Fora enviada pola Cruz Vermella para repatriar os prisioneiros franceses feridos, pero unha vez alí descobre que gran parte das irmás do
convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello. O filme convida a reflexionar sobre o papel da muller nesa etapa.