As licenzas de obra maior centran o pleno do Concello de Lugo

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e xornada intensa de novo. Algúns integrantes da plataforma cidadá, Lugo Sen Mordazas, acudiron ao pleno con pancartas reivindicativas amosando o seu descontento coa Ordenanza Cívica que pretende aprobar o goberno socialista.

Nun ton pacífico, algún dos integrantes intentaron facerlle entender á rexedora que non estaban de acordo coas leis, mentras ela pretendía que respectaran a quenda de palabra dos ediles que estaban a debater un dos puntos da orde do día. Finalmente, e clamando Lugo Sen Mordazas, os integrantes da plataforma abandonaron o salón de plenos para continuar a súa protesta diante da casa Consistorial.

De todos os xeitos, o Pleno continuou como debía e sen máis interrupcións. O tema do día hoxe, sen dúbida, era o retraso nas licenzas. Dúas mocións, de PP e Cidadáns, e a petición do BNG, de comparecencia en Pleno do concelleiro Daniel Piñeiro, foron tres dos puntos do día que debateron neste pleno para axilizar os trámites e a resolución das licenzas de obra.

Antes do debate, a alcaldesa asegurou que o goberno municipal leva tempo tomando medidas para darlle solución a un problema que, dixo, “vén dado por unha limitación da lei estatal”.

E como xa vén sendo habitual no Concello de Lugo, o pleno arrancou unha vez máis co debate de cinco recoñecementos extraxudiciais de crédito para facer fronte aos pagos de facturas atrasadas. Unha vez máis os voceiros da oposición botaron en cara ao grupo socialista que o que debería ser un punto extraordinario dalgún pleno, xa está constituído como rutina plenaria. A voceira de Lugonovo, Cristina Pérez, asegurou que pese a que o goberno presuma de boa xestión, “os pasos que están dando adiante, non son máis que pregos de licitación”. 

E aínda que só era un pleno máis do Concello de Lugo, o estado do goberno central, pasou factura e a edil de Economía, Ana Prieto, no lugar de defender a súa postura, foise por outros derroteiros atacando aos edís do partido popular. “Fala de goberno de morosos, quen ten un goberno de corruptos”, espetou Prieto, “España non se merece esta situación”, recriminaba a edil socialista ante as últimas novas do caso Gürtel. 

Declaracións, as de Ana Prieto, que os Populares non deixaron pasar. Ameijdie decidiu lembrar aos padriños políticos da rexedora. “É o momento de que actúe a xustiza, coa dureza que teña que actuar, cos indesexables do PP, do PSOE e de todos os partidos pero que vostede no Concello de Lugo teña a desfachatez de acusar ao Partido Popular de corrupción, eso sí que non. Nesta bancada, estamos sentados xente decente que non temos ningún problema coa lei. Vostede non pode dicir o mesmo. Á súa dereita ten sentada a unha alcaldesa imputada por unha presunta malversación”, criticou Ameijide que proseguíu arrementendo contra os “padriños políticos” da rexedora que están apartados da vida política “por corrupción”.

Tras rematar as intervencións, a alcaldesa tomou o turno de palabra para defender ao exalcalde López Orozco das declaración feitas por Ameijide e recoñeceu a valentía de Orozco de saber, dixo, dar un paso atrás para que a cidade avanzara e non fora liderada polos populares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com