Dende a área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello, veñen de notificar as seguintes modificacións nos percorridos das liñas 9 e 9A durante os días 30 e 31 de outubro debido ás obras na Avenida Infanta Elena.
Liña 9: Sindicatos (hora en punto) – Os Craveis – Terminal de Mercancías do Ceao (e 15 minutos) – Avenida Benigno Rivera até rotonda dos Craveis – Avenida Benigno Rivera – As Termas (e 25 minutos) – Avenida Paulo Fabio Máximo – Avenida da Coruña.
Liña 9A: Sindicatos (e 25 minutos) – Avenida da Coruña até os Craveis – Avenida Benigno Rivera – Terminal de Mercancías do Ceao (e 45 minutos) – As Termas (e 50 minutos) – Avenida Paulo Fabio Máximo – Avenida da Coruña.
A liña 9 non realizará paradas nos Craveis e na Medusa, que están cubertas no mesmo horario pola liña 3A (e 30 minutos). As persoas que viaxen na liña 9A dende o centro cara Paulo Fabio Máximo ou As Termas, deberán baixar cando a liña regrese do Ceao. A parada situada nas Termas desprazarase temporalmente ao lateral da tenda Kiabi.