A área de Mobilidade, unha vez rematada a vixencia da orde TMA/306/2020 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, recuperará a partir deste martes as frecuencias habituais do servizo de transporte urbano. O bus urbano recuperará as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, que foron suprimidas durante as pasadas semanas, aínda que Arroxo entendía que “esta suspensión non era necesaria”.
O responsable de mobilidade lembrou tamén que Lugo foi unha das primeiras cidades en tomar medidas de seguridade no transporte público, xa que días antes de declararse o estado de alerta xa se marcaran pautas para mellorar a seguridade no transporte público, e no propio día suprimiuse a entrada pola porta dianteira e inutilizáronse unha de cada dúas filas para incrementar as distancias.