A Consellería do Medio Rural reforza o dispositivo contra incendios na provincia de Lugo coa entrega de dúas novas motobombas aos concellos das Nogais e Mondoñedo, que desde hoxe se incorporan ao seu parque móbil municipal.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tras lembrar que Galicia conta cun dos mellores dispositivos antilumes de toda España, gabou a colaboración que nesta materia realizan os concellos lucenses. Coa cesión destas motobombas dótase a ambos municipios dos recursos necesarios para que desde o ámbito local, o máis próximo á cidadanía, se poida facer fronte á loita contra os lumes dunha forma máis efectiva e segura.
Na actualidade, a provincia de Lugo conta con 72 brigadas municipais constituídas e tamén 434 brigadistas repartidos polos concellos lucenses. Estas dúas motobombas súmanse ás 38 existentes e forman parte dun operativo único que no conxunto de Galicia mobiliza a preto de 7.000 persoas e diversos medios aéreos e terrestres. Nas vindeiras semanas a Xunta entregará a outros dous concellos lugueses, o da Pastoriza e ao de Triacastela, sendas motobombas, o obxectivo final é seguir sumando esforzos na defensa e protección dos nosos montes.