O centro de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo acollerá esta semana o curso Novas Tecnoloxías Aplicadas á Búsqueda de Emprego encadrado dentro do Programa Integrado de Emprego de FEAFES 2019/2020 financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, cuxo obxectivo é dotar ás persoas participantes de ferramentas que lles permitan mellorar a súa procura de emprego a través da iniciación ou o perfeccionamento na informática básica e na internet.
As persoas participantes aprenderán a usar buscadores online, o correo electrónico aplicado á procura activa de emprego, elaborarán CVs e cartas de presentación e aprenderán a buscar fontes electrónicas de información e xestión laboral. Tamén coñecerán distintos organismos de axuda ao emprego como o SPEG- SEPE, os Concellos, as Cámaras de Comercio, as Confederacións de Empresarios, etc.
Ademáis de iniciaranse no manexo de portais de emprego, formularios de solicitude e metabuscadores, así como as redes sociais e outros recursos web para a procura de emprego como simuladores de entrevistas, videocurrículums, foros e blogues, etc.
O curso Novas Tecnoloxías Aplicadas á Procura de Emprego comezou o 17 de febreiro en horario de 10.00h a 13.00h do mediodía e finalizará o 24 do mesmo mes.