As numerosas altas médicas continúan a ser chave no descenso do número de casos activos de Covid na provincia

571. Esa é a cifra total de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo. Lonxe quedan os máis de 1000 que se acadaron hai dúas semanas, pero o certo é que, co Nadal, á volta da esquina non podemos relaxar posturas. Neste gran descenso de preto de 290 persoas menos nunha semana, é chave o gran número de altas médicas que se rexistran cada día. Así, na xornada de onte segundo informou o SERGAS foron 43 as persoas que se sumaron á lista de curados da covid19. 

Se ben é certo, a baixada podería ser maior se descenderan igual de rápido as cifras de novos contaxios confirmados vía PCR. No último rexistro de Sanidade foron 25 as persoas que deron positivo en Covid na nosa provincia, moi por riba dos 16 que se rexistraban na xornada anterior. Unha cifra, a de novos casos que, pese ao descenso visible nas últimas semanas, non se consigue establecer nun rango fixo. 

En canto aos falecementos, na última xornada volveu subir esta cifra ata os 140 na provincia, ao finar no HULA 2 persoas. Trátase dunha muller de 93 anos e un varón de 69 que procedía da residencia de maiores de Vilalba. 

Con todo, e malia que as cifras na UCI non se relaxan, a presión asistencial continúa en descenso levemente. Con 4 persoas menos nas plantas de hospitalización dos centros da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com