As obras do cinto comarcal avanzan coa pavimentación do firme en dous tramos

As obras do cinto comarcal, avanzan estes días coa pavimentación do firme en dous tramos. Hoxe e mañá haberá cortes puntuais de tráfico á altura do polígono industrial de Begonte, na intersección coa N-VI, pola instalación da tubaxe; e en Castro de Rei comeza o estendido do aglomerado entre os puntos quilométricos 93,6 e 94,3.

No caso das obras que se desenvolven estes días na LU-P-1611 en Begonte, o proxecto completo consiste no acondicionamento da vía desde o punto quilométrico 49,9 ao 57,1.

Os traballos consisten na limpeza dos laterais, a execución das drenaxes en dous puntos da vía pola presencia de mananciais que afectan á estabilidade do firme; a pavimentación con aglomerado en quente e a reposición da sinalización vertical e horizontal.

No tramo que vai desde o punto quilométrico 93,6 ao 94,4, á altura de Castro de Rei, comezou este mércores o estendido do aglomerado e inclúe tamén a mellora da drenaxe e o fresado da vía. Unha vez rematada a pavimentación, quedará o pintado da vía con marcas reflexivas brancas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com