As obras dos novos colectores do río Miño en Lugo atópanse ao 80 por cento de execución

A sociedade estatal Aguas das Concas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio,  celebrou en comisión de seguimento das obras de mellora do abastecemento e saneamento na cidade de Lugo.

Á reunión asistiron por parte de Acuaes, a directora territorial da zona 1, Isabel Pérez-Espinosa e o director de Infraestructuras, Juan José Gil Barco. Por parte do Concello participou o alcalde de Lugo, José López Orozco.

En relación ás obras de abastecemento, estas encóntranse o 29% de execución, centrándose actualmente os traballos nas conducións das dúas partes do anel hídrico (zona Leste e zona Oeste), o ramal de conexión co hospital e as melloras nas canalizacións baixo o río Miño e a N-VI.

As obras, que contan cun investimento de 7,7 millóns de euros, consisten en:

-Anel hídrico, zona Leste, As Gándaras-Carretera de Fonsagrada, que consiste na construción dunha nova condución de auga potable, que complete o anel hídrico Marcelle-Ceao-Gándaras e que conecte coa rede existente en As Gandaras, estrada de Vegadeo, Hospital e estrada de Fonsagrada.

-Anel hídrico: zona Oeste, marxe dereita río Miño, que contempla a construción dunha canalización de abastecemento na marxe dereita do río Miño dende os depósitos de Peñarrubia ata a antiga estrada de Santiago, co obxectivo de dotar de subministración de auga potable á periferia da cidade.

A actuación inclúe o soterramento dunha liña eléctrica, a construción da caseta sobre as válvulas da fase anterior e a demolición dun depósito obsoleto na zona de Marcelle. Ademais, acometeranse melloras nas conducións de subministración á cidade ao seu paso baixo o río Miño e a N-VI.

Estes traballos completarán o sistema de abastecemento á cidade e núcleos do seu ámbito, executado nas fases I e II por Acuaes, garantindo o abastecemento dunha poboación de 93.000 habitantes.

O investimento será cofinanciado nun 80% polo Ministerio, a través de recursos propios de Acuaes e de Fondos FEDER da Unión Europea, mentres que o Concello de Lugo achegará o 20% restante.

Acuaes executou tamén as obras dun depósito para auga reutilizada situado próximo ao depósito de auga potable no Ceao, que ten un volume útil de 1046 m3. Tamén se procedeu á restitución da cuberta, á mellora do depósito de auga potable do Ceao e executáronse distintas actuacións nas parcelas dos depósitos e da ETAP de Lugo.O investimento destes traballos foi de 0,6 millóns de euros.

En relación ao saneamento, estase a executar as obras dos colectores do río Miño, que comprenden a conexión da conca da Louzaneta co sistema xeneral de saneamento da cidade, emendando as carencias detectadas na rede existente. As obras, que contan cun investimento de 10,8 millóns de euros, está previsto que finalicen en agosto.

A actuación inclúe a construción dos seguintes elementos:

-Colector secundario da Louzaneta. Cunha lonxitude de 4 quilómetros, recollerá a maior parte das augas residuais xeradas na conca da Louzaneta.

-Colector secundario de Casas Novas. Cunha lonxitude de 501 metros, recollerá a parte das augas residuais do núcleo de Casas Novas e os seus arredores.

-Vertedoiro da Louzaneta. Neste tanque de tormentas confluirán os dous colectores anteriores. A súa capacidade de retención será de 4.500 m3.

-Sifón-bombeo no Parque do Miño. A través desta infraestrutura, os novos colectores conectaranse ás infraestruturas xa existentes, que conducirán as augas residuais desta parte da cidade cara á EDAR.

-Colector do colexio A ponte. A súa renovación permitiu a conexión desta zona co bombeo-vertedoiro xa existente da Ponte Romana.

O grao de execución das obras alcanza o 80,2%. Concluíuse a perforación do microtúnel baixo a Louzaneta e trabállase na finalización do edificio de explotación do tanque de tormentas e na instalación dos primeiros equipos electromecánicos.

Ademais estase a rematar a construción do pozo de ataque dende o cal se realizará un microtúnel, que cruzará baixo o río e permitirá conectar o tanque de tormentas co sifón-bombeo que se está executando no Parque do Miño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com