As obras na Catedral sacan á luz un tramo da cloaca romana do século IV

Os traballos que a Xunta leva a cabo na Catedral de Lugo destinadas a solucionar os problemas de humidade, sacan á luz un tramo da cloaca romana abovedada do século IV d.C. e unha canalización do século XVIII. O descubrimento da parte dunha das grandes cloacas do sistema de saneamento da antiga Lucus Augusti está a un nivel moi superficial e tratase dun tramo que cruzaba de norte a sur a Catedral pola súa xirola. Agora estanse a limpar os restos arqueolóxicos para a súa documentación, na que se tomarán como referencia os datos dun estudo preliminar realizado no 2023 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

En canto á canalización do S.XVIII trátase dun sistema que rodeaba a cabeceira da catedral e cuxa función era evitar a entrada de
humidades na capela da Virxe dos Ollos Grandes e tamén nas capelas absidais. Así, a construción caracterízase por ser de paredes de cachotería con tapas de lousa de gran tamaño, da que se conservan polo menos tres arquetas de acceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com