A ofensiva do presidente da Deputación, José Tomé Roca, hacia a popular Elena Candia pola súa vestimenta, deu que falar nas redes sociais logo de condenar dende os distintos partidos políticos con diferentes chíos e publicacións as palabras coas que Tomé se refería á roupa de Candia.
Nunha rolda de prensa na que o socialista respondía á concentración que o PP provincial criticaba as labores de Tomé como delegado de Vías e Obras e nas que pedían a súa dimisión; Tomé dixo “polo que respecta á señora Candia, coa súa vestimenta, co seu aspecto de leopardo”. Un comentario que dende distintas esferas políticas tildaron de “machista”.
Así, as parlamentarias do partido popular quixeron amosar hoxe o seu apoio a Candia acudindo ao Parlamento con prendas de leopardo: vestidos, camisetas, pañuelos… Todo era pouco para apoiar á mindoniense. O PP reclamou formalmente a dimisión de Tomé como presidente da Deputación,
A estas críticas dos populares fronte as verbas de Tomé, respondeu tamén a rexedora da cidade de Lugo, Lara Méndez, que tildou as declaracións do presidente da Deputación de “desafortunadas” pero lembrou que “el mesmo xa pediu desculpas” non sen criticar que “todo o mundo opina de todo, estámolo vendo co do incendio”. A alcaldesa explicou que se puxera en contacto con Candia para trasladarlle “o desafortunado das declaracións”.
Do bando contrario a Méndez, está o edil de Urbanismo do Concello, o exsecretario xeral dos socialistas na provincia, Alvaro Santos tildou de “intolerables” as palabras do seu sucesor. Santos, a través das redes sociais, cualificou as declaracións de Tomé de “soez e irrespetuoso”.
As críticas non quedaron ahí, os nacionalistas no Parlamento tamén amosaron o seu rexeitamento ás palabras do presidente provincial.
O presidente do executivo provincial, como diciamos, pediu desculpas pouco despois dos feitos e aclarou que el “só estaba facendo a valoración dun acto político, facendo unha similitude co americano que entrou no Capitolio, que tiña unha vestimenta parecida”; unha desculpa que non serve aos populares que xa reclamaron formalmente a dimisión de Tomé. Asemade, critican duramente que, dende as altas esferas do Partido Socialista se limiten a “desculpar” ao presidente da Deputación e non tomen unha determinación ao respecto.