As piscinas das Pedreira acollen este fin de semana os Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics

As piscinas municipais de As Pedreiras acollerán esta fin de semana a vixésimo sétima edicios dos Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics, un evento que ten como obxectivo promover o deporte inclusivo e no que tomarán parte 15 asociacións de toda Galicia, que traballan a prol das persoas con discapacidade intelectual.

Estes Special Olympics de Natación terán lugar o sábado, 29 de marzo, nas piscinas municipais de As Pedreiras, desde as 10.45 horas co desfile inaugural e contarán coa participación de deportistas integrantes de ata 15 asociacións de toda Galicia, entre elas as lucenses San Vicente de Paul e Aspnais, que é ademais a entidade anfitriona. Por iso, agárdase a asistencia de case 150 deportistas, ademais doutras 50 persoas entre adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com