As piscinas exteriores de Frigsa abrirán a tempada de verán o vindeiro 1 de xullo ata o 31 de agosto

As piscinas exteriores de Frigsa abrirán o vindeiro luns, 1 de xullo e inician así a súa tempada de verán, que se prolongará ata o 31 de agosto. Ao igual que anos anteriores, as instalacións municipais terán horario continuado de 12.00 a 20.30 horas entre semana, mentres que os sábados e domingos pecharán media hora antes.

O Concello decidiu manter os prezos, tanto das entradas como dos abonos. Así, o acceso para nenas e nenos de ata 15 anos cumpridos terá un prezo de 1€, mentres que a entrada dos adultos é de 2,20€. No caso dos abonos individuais para 15 baños, o prezo para menores ascende a 10.80€, e a 22,30€ para adultos. Ademais, o Goberno local porá a disposición dos usuarios abonos para familias e para pensionistas a prezos aínda máis reducidos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com