As rapazas do Burela FSF fanse coa Copa Galicia

O concelleiro de Deportes de Deportes, Ramiro Fernández, felicita ao Burela FSF, que onte se proclamou campión da Copa Galicia na Coruña ata onde se desprazaron os edís de Deportes e Igualdade para arroupar ás burelesas nesta importante cita deportiva.

O edil de Deportes quixo, esta mañá, felicitar por ese triunfo ao Burela FSF: “queremos felicitalas por ese gran
éxito conseguido e dicir que o Concello de Burela está moi orgulloso deste novo título. A transcendencia que ten máis aló do deportivo para Burela sabemos que é moi importante”.

Fernández Rey agradece “o traballo das xogadoras, do corpo técnico e da directiva do club. Felicitar tamén a toda esa afección de Burela, na que me inclúo, e esperemos que estas rapazas sigan dándonos éxitos. Vemos que o Burela FS Pescados Rubén é un referente xa a nivel nacional, con ese ascenso conseguido hai poucas datas á División de Honor Masculina. Esperemos que as rapazas poidan seguir pelexando por esa ansiada liga, que despois do tropezo doutro día ponse un pouquiño máis complicada, pero que estou seguro de que van loitar ata o último momento para poder conseguila”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com