As Termas colabora coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

Coincidindo co Día Mundial das Enfermidades Raras, o centro comercial As Termas colabora este sábado, 28 de febreiro, coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, co fin de informar e recadar fondos, para a investigación e axuda ás persoas que conviven con estas patoloxías.

Durante todo o día de mañá instalarase na planta baixa do centro unha mesa informativa e de colecta que poderá visitarse entre as dez da mañá e as dez da noite.

O obxectivo desta campaña é dar visibilidade e recadar fondos que axuden por unha parte, a manter os servizos sociosanitarios que se ofrecen dende a asociación, e por outra, a de financiar proxectos de investigación dun grupo de enfermidades que afectan a máis de 3 millóns de persoas en España. Calcúlase que en Galicia podería haber unhas 200.000 persoas afectadas por “enfermidades raras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com