Os mozos socialistas da provincia de Lugo estarán presentes nas listas tanto para o Congreso dos Deputados coma para o Senado.
Para o Congreso dos deputados será, o mozo de O Valadouro Iago Fernández (25 anos) o que ocupará o número dous na candidatura mentres que o mozo e concelleiro de Vilalba Rodrigo Pavón (29 anos) o cuarto posto. Adicionalmente o coordinador provincial das XSG, Jesús Vázquez (27 anos) será o segundo suplente da candidatura.
No Senado, Darya Fernández de Becerreá (25 anos) repetirá, o igual que en 2011, como número 2 na candidatura o Senado tralo actual senador Ricardo Varela.
O coordinador provincial Jesús Vázquez, sinalou que “é importante que os mozos se vaian incorporando á vida política, para transmitir desta maneira as inquedanzas dunha parte importante da poboación, que debe ser o presente e o futuro da nosa sociedade”.
Asemade destacou que “a provincia de Lugo ten unha gran diversidade e como consecuencia dilo, dáse unha ampla representación territorial de mozos nestas candidaturas, incorporando xente moza de boa parte das comarcas da provincia”.
Rematou agradecendo a confianza depositada nas xuventudes do partido por todos os órganos implicados na elaboración e final aprobación desta candidatura socialista, dende as diferentes executivas ata os membros dos Comités Provinciais e Federal.