A Asamblea de Lugonovo agradece o labor de Santiago Fernández Rocha como portavoz do grupo municipal e ratifica a Cristina Pérez como voceira provisional

A Asamblea de Lugonovo, na que onte participaron cerca dunha trintena de simpatizantes da formación, serviu para recoñecer o labor desempeñado por Santiago Fernández Rocha ao fronte do Grupo Municipal e para ratificar á edil Cristina Pérez Hérraiz como portavoz provisional do mesmo a partir do 30 de xuño. Ademais, os integrantes da organización aceptaron a renuncia de Soledad López Ares á acta de edil que quedará vacante coa marcha de Fernández Rocha.

Pola súa banda, Xabier Villares, que ocupa o quinto lugar na candidatura que Lugonovo presentou ás eleccións de 2015, solicitou dispoñer dun prazo de tempo prudente para meditar sobre o seu futuro profesional antes de decidir se acepta ou non o posto vacante. De forma unánime tódolos asistentes á xuntanza agradeceron o esforzo e a dedicación amosada estes dous anos por Santiago Fernández Rocha no Concello e valoraron moi positivamente os resultados do seu traballo como portavoz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com