A parella sentimental da muller de 49 anos, foi presuntamente, quen a asasinou na cociña do piso onde vivía, na rúa da Ferradura, no barrio lucense de As Gandaras.
Segundo puido saber este xornal o asasino degolouna cun coitelo de cociña o pasado xoves, logo dunha discusión. Os axentes policiais, sospeitaron dende o primeiro momento del e cando o detiveron non tiña coartada.
O presunto asasino, tiña un longo historial coa xustiza, ao que a policía coñecía ben, este individuo estaba a pique de entrar na cadea por infrinxir reiteradamente as normas de tráfico e a seguridade vial.