Ascenden de forma importante os casos activos na provincia logo de se detectar un gromo na Mariña

A boa tendencia que rexistraba a provincia de Lugo respecto a covid nos últimos días volveu atrás logo de se detectar un gromo cunha vintena de casos na comarca da Mariña. 

En total, ata as 6 da tarde de onte o SERGAS detectou 25 novos positivos, a gran maioría entre as localidades de Viveiro e Cervo, que automaticamente entraron no nivel medio de restricións. Este aumento tan importante de positivos fixo que os casos activos pegaran un salto ata os 192, cando na xornada anterior se rexistraban 168 infeccións activas. Unha suba de casos coa que tamén colaborou unha baixada das altas médicas, que pasaron de 12 na xornada do mércores a tan só 6 no día de onte. 

O único baremo que se mantén con datos positivos é a presión asistencial que continúa en descenso. Nas últimas horas o SERGAS notificaba un total de 7 persoas ingresadas pola covid, unha delas na unidade de críticos do HULA e as 6 restantes nas plantas de hospitalización dos diferentes hospitais públicos da provincia. En concreto o HULA descendeu dous casos, e queda con 3 pacientes covid en planta; o Hospital da costa suma un e volve aos 2 pacientes e o de Monforte quedaba onte con tan só unha persoa ingresada en planta con infección activa. 

E estes datos nunha xornada na que o Comité Clínico tomaba novas decisións sobre as restricións da comunidade. Por concellos, como avanzabamos ao principio, Viveiro e Cervo entran directamente no nivel medio a partir desta madrugada. Isto quere dicir que as terrazas limitarán o seu aforo ao 50%, que baixará ata o 30 nos interiores dos locais de hostalería. Nese mesmo nivel continuará Chantada, a lo menos unha semana máis e A Pastoriza, que esta semana aínda permanecía en nivel medio verá aliviadas as súas restricións por completo. O resto de concellos continúan no nivel baixo. 

Asemade, o Comité decidiu ampliar o horario de apertura dos bares sen licencia de restaurante pero que sirvan comida como mesóns ou taperías que igualarán o seu horario cos dos restaurantes puidendo pechar á unha da madrugada. Esta medida entrará en vigor hoxe mesmo para non solapar horarios naqueles establecementos que dispoñan de todas as medidas obrigatorias: contar cun medior de CO2 e levar un rexistro de clientes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com