Asemblearismo en Lugonovo

Na asemblea que Lugonovo celebrou onte e que rematou a altas horas, saíron á luz algunhas distensións de tipo organizativo que, aínda que predicibles, non deberan distraer aos cargos electos de Lugonovo do cometido para o cal foron elixidos polos lucenses. Estas disensións non son produto, por exemplo, de puntos de vista diverxentes no tocante ás negociacións que van comezar para promover a proclamación como alcalde dun representante do partido socialista. Nese asunto hai consenso: poderá ser calquera menos Orozco. Os diferentes puntos de vista están máis no sistema organizativo da plataforma, o asemblearismo.

Calquera organización que se presenta a unhas eleccións deposita a confianza nunha serie de persoas que se converten en candidatos, e se a veciñanza os refrenda pasan a ser representantes deses veciños e veciñas. Non hai que esquecer, ademais, que os candidatos de Lugonovo foron elixidos polo sistema de primarias, e tamén que concelleiro ven de concello, e concello era a reunión xeral dos veciños que a partires do século X aparece nos Reinos de Galicia e León.

Como na actualidade non se poden reunir os habitantes dunha cidade para tomar en asemblea as decisións que estimen oportunas, son os concelleiros quen as toman e logo responden diante dos electores cada catro anos.

Non poden nin queren os electores/as fiscalizar o día a día dos seus representantes, para elo están as organizacións políticas que deseñan as liñas a seguir e é o cargo electo quen leva a cabo o seu desenvolvemento. Logo cada certo tempo, convócanse as asembleas  e retocan ou cambian o que sexa necesario.

Non debe  unha plataforma política constituírse en asemblea permanente para marcarlle o camiño ao concelleiro de quenda, iso ademais de non ser operativo é inviable. Tal pretensión non faría máis que entorpecer a xestión diaria e iso, precisamente, supoño que é o que non se quere. Ou si?

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com