Asinado o protocolo do Plan de Vialidade Invernal para a provincia de Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo asinou hoxe o protocolo do Plan de Vialidade Invernal para a provincia de Lugo co que se busca aumentar a seguridade nas estradas ante condicións meteorolóxicas adversas.

Con este plan, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana achega 45 quitaneves e máis de 7.000 toneladas de sal que se empregarán contra o xeo nas estradas lucenses. Xunto a isto, os medios compleméntanse coa posta a disposición dos 2.510.000 litros de salmuera para axudar a combater a neve. Este operativo tamén contempla a vixilancia e limpeza das 13 vías que integran a Rede de Estradas do Estado na provincia.

Este ano, ao igual que o anterior, establece un dispositivo para aumentar a seguridade na área de Pedrafita debido ao aumento do tráfico neste trazado. O Goberno manterá o reforzo dos 3 quitaneves, así como os medios habituais do Centro de Conservación de Pedrafita.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com