A asociación Animalista Libera critica a falta de actuación do Goberno Local

A Asociación Animalista Libera leva nove meses esperando a que o Concello de Lugo informe sobre unha denuncia administrativa que lle fixeron ao departamento de Desenrolo Sostible e Persoal. O motivo da denuncia foi a colocación irregular de carteis promocionais dun circo con animais  no mobiliario público sen permiso do consistorio.

A asociación trasladou a denuncia á Valedora do Pobo, en forma de queixa lamentando a falta de actuación do Concello e a irresponsabilidade de non responder ás denuncias que realizan asociacións e veciños contra a vulneración das ordenanzas locais. Ademáis acusan ao goberno local de desinterés para aplicar a normativa.

Neste sentido a organización criticou tanto a falla de resposta como a imaxe que o Concello de Lugo proxecta na cidadanía, permitíndose o luxo de non responder a una protesta que detectaba un incumprimento grave da súa Ordeanza Municipal de Protección Ambiental, sin que o gobernó loco tomase patido. Agora, Libera espera que o Parlamento de Galicia poida desbloquear a inacción do consistorio lucense, facilitando a recepción da actualización solicitada polos animalistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com