A Asociación de Gaiteir@s Galegos quere que se evite a presenza de gaitas escocesas nos contedores de vidro

Logo de que en varias campañas, durante as festas do San Froilán pasadas, aparecese na cidade de Lugo a figura dun boneco cunha gaita escocesa nos contedores de vidro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s “amosou o seu descontento polo desacerto á hora de elixir esta imaxe e contactou cos responsables das empresas que realizaron a campaña, e tamén co gabinete da Consellería de Medio Ambiente para informarlles do problema”.

Este ano, A AGG está a facer xestións de novo para evitar que en Lugo se repita a presenza de gaitas escocesas nos contedores de vidro. “Dende a AGG agradecemos a boa disposición de Ecovidro e agardamos que durante as festas do San Froilán 2017 vexamos os contedores coa imaxe da gaita tradicional galega promocionando e fomentando a presenza da música tradicional, pero sen que aparezan imaxes que non se corresponden coas nosas tradicións xa que pode provocar confusións”.

Dende a AGG ofrecen “o noso asesoramento e toda a información da que dispoñemos para axudar a que sempre que se fagan campañas en Galiza, se utilicen imaxes de instrumentos galegos e non outro tipo de instrumentos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com