A Asociación de veciños Porta de Lugo denunciou hoxe o corte do tráfico sen previo aviso da rúa Camiño de Friás dende a Avenida Adolfo Suarez.
O presidente da asociación veciñal, José Manuel Carballo, explicou que o Concello fixo este corte de vía “sen aviso previo, sen señalizacións en ambos sentidos da Avda. Adolfo Suarez, sen señalización na rotonda distribuidora situada a 15 metros”.
A asociación buscou explicacións no Concello para a ocupación dunha das bandas de acceso á rotonda en sentido contrario cuns bolardos, para reparar un rexistro que “como máximo debería de ocupar 2,5 metros de diámetro”. Desde o Concello, ninguén lle respondeu aos veciños desta rúa que non puideron acceder aos seus aparcamentos.
Tampouco no Gabinete de Tráfico lles deron explicacións deste corte.