Once asociacións de recreación histórica divulgan o Arde Lvcvs en Braga e Sada

Once asociacións luguesas de recreación histórica divulgaron entre onte e hoxe os festexos do Arde Lvcvs, recentemente declarados de interese turístico nacional, en dúas citas de Braga e Sada, acompañados pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

O colectivo que participou xunto á edil nesta promoción da festa, en Braga, foi Lucus Equites.

O resto de asociacións participantes na divulgación do Arde Lvcvs, hoxe en Sada, foron Caetra Lucensium, Cohors X Urbanae, Vestais, Cohors III Lucensium, Asambalearias Lucus Augusti, Cívitas Lucensis, Trebas  Galaicas, Lugdunum, Clan de Breogán e Senatus Lucus Augusti, co César ao fronte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com