A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, será o escenario elixido para inaugurar e expor oficialmente dende mañá a exposición Imaxe e Palabra, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do cincuentenario desta entidade.
Durante as celebracións do cincuentenario, arredor de 200 lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampla de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.
Coas fotografías de 16 destacados fotógrafos e anacos literarios de 31 escritores (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que se ofreceu ao público lucense na sala da Deputación Provincial de Lugo así como na Biblioteca Pública Provincial de A Coruña.
Á inauguración da exposición, por parte de Aspnais acudirán o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución, tres monitores e un grupo de usuarios.