Ata 34 condutores dan positivo por alcol e drogas durante o San Froilán

Ata 34 condutores deron positivo por alcol e drogas nos 37 controis instalados pola Garda Civil entre o 5 e o 9 de outubro, coincidindo co período de máis afluencia de xente ás festas do San Froilán.

Segundo precisou o Instituto Armado nun comunicado, realizaronse un total de 2.921 pruebas de alcol e drogas, co resultado de tres condutores que pasaron a disposición xudicial como investigados pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria. Ademais, outros 19 condutores foron propostos para sanción por teren taxas de alcolemia superiores aos límites legais permitidos. Por último, outros 12 condutores presentaron presenza de drogas no organismo durante as probas .

Durante o mesmo período, Tráfico detectou na provincia a 281 condutores conducindo a unha velocidade superior á permitida para o tramo davía que se someteu a vixilancia. Cabe destacar ademais que durante este período festivo se produciron uns 39 accidentes de circulación nos que 12 persoas tiveron que recibir asistencia sanitaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com