A rotonda de Nadela, onde se bifurcan diferentes vías, está nestes momentos colapsada por mor dun camión de transporte especial que trasladaba unha viga e ao moverse a carga está detido na metade da rotonda.
A situación, nestes momentos, para ir pola vía rápida cara a Sarria ou Monforte é complicada, polo que recomendamos que se teñen que ir cara estas localidades, se informen de como está agora a circulación.