Atopan a unha muller morta nun portal da Avenida de A Coruña

O 112 Galicia tivo constancia do falecemento dunha muller esta tarde en Lugo. Segundo se lle indicou ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o corpo sen vida foi atopado no portal dun edificio situado na Avenida da Coruña.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia uns minutos despois das 13:15 horas para alertar do achado e, nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias e da Policía Nacional, Autonómica e Local.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

Nestes momentos, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas que rodean a este suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com