Atopan o corpo dunha persoa flotando nunha lagoa na Pastoriza

Unha persoa particular alertaba esta mañá ao 112 Galicia do achado do corpo dunha persoa flotando na lagoa de Fonmiñá, no concello da Pastoriza.

O 112 Galicia recibiu a chamada do alertante ás 11:00 horas e, a partir de aí, púxose en marcha o operativo de rescate, no que interviñeron ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil. Así mesmo, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos membros do GES da Pontenova.

Unha vez rescatado o corpo, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com