A primeira hora desta mañá, dous encapuchados asaltaron a punta de pistola a administración de loterías número 10 da rúa Lamas de Prado.
O suceso tivo lugar cando o encargado do establecemento se dispoñía a abrir e dous encapuchados o ameazaron cunha pistola e un extintor e obrigárono a que os levase ata as dúas caixas fortes das que dispón, e lles entregase todo o seu contido.
En total e segundo informa o responsable da administración de loterías, os asaltantes levaron ao redor de 400.000€, unha cantidade importante xa que corresponde co recadado nos últimos días, tanto co sorteo de Nadal como o do Neno.