Un condutor atropelou onte a dous menores na zona peonil da Praza da Milagrosa, diante do colexio Divina Pastora. Os menroes saíron ilesos pero un deles tivo que ser axudado cando se atopaba baixo o vehículo. O home, de 56 anos de idade, accedeu dende Curros Enríquez a esta zona peonil no mesmo momento que saían do colexio máis dun centenar de alumnos de entre 8 e 12 anos. O condutor, que circulaba baixo os efectos das drogas, entrou na vía peonil a máis velocidade da permitida e en dirección contraria; pais e nais dos alumnos do centro, conseguiron evitar que o home fuxira e retuvérono quitándolle as chaves do contacto mentres agardaban pola Policía Local.
Noutro senso, un condutor sen carnet de conducir foi interceptado manexando un coche no interior dun parque da capital. Axentes da Policía Local instruiron dilixencias contra o condutor que fora sorprendido cando circulaba polo interior do Parque da Milagrosa. Un delito que podería conlevar unha pena de entre 3 e 6 meses de prisión ou de 31 a 90 días de traballos á comunidade.